Sunday 19 de May de 2024

Un equipo de 50 socorristas traballa desde hoxe nas praias co fin de lle garantir seguridade á cidadanía


 

O concello colocará paneis en distintos puntos da cidade para informar en tempo real sobre a capacidade dos areais
Un equipo de 50 socorristas traballa desde hoxenas praias da cidade con distintivo azul co fin de lle garantir seguridade á cidadanía.
Por outra banda, esta mañá comezaron os preparativos para instalar o sistema de control de capacidade nos areais que permitirá coñecer a tempo real a ocupación de todo o litoral. Con esta medida, que entra dentro do novo plan de seguridade e continxencia, o concello tratará de evitar aglomeracións e asegurar a distancia social imposta de cara a evitar os contaxios. Se ben o mal tempo está dificultando a
colocación do dispositivo xa que se ten que conectar á rede eléctrica, esperan poder poñelo en marcha para cando as condicións climatolóxicas favorezan a presenza das e dos veciños nas praias.
O sistema consiste nuns arcos que levan incorporados uns sensores de paso que contabilizan as persoas que entran e saen dos areais e que inclúen un semáforo que sinaliza o volume de xente en cada praia: a cor verde indica que hai espazo suficiente; ámbar, que a capacidade comeza a completarse; e vermello, que xa está completa.
Estes sensores están conectados a un software que ten rexistrada a capacidade exacta de cada praia ao longo do día dependendo das mareas. Deste xeito, pódese corrixir de maneira automática en función dos datos que se irán actualizando en

Nota de Prensa

tempo real. Instalaranse 14 puntos de control de accesos: catro, na praia de Riazor;
catro, no Orzán; dous, en Matadoiro; un, nas Lapas; dous, en Santo Amaro e un
máis, na praia de Oza. Estes sistemas permitirán coñecer en todo momento con
precisión cantas persoas hai nas praias. Ademais, o concello informará da
capacidade dos areais mediante uns paneis situados en distintos puntos da cidade e
dunha web de Medio Ambiente, que se poderá consultar desde o móbil a través dun
enlace sinxelo ou incluso cun código QR.
A Policía Local coordinará todo o operativo desde o Centro de Mando que está
instalado na Coiraza do Orzán. Este centro permanecerá aberto todo o verán, con
labores non só de coordinación e vixilancia, senón tamén de información e
seguimento a través de dous dispositivos de megafonía. Toda a información sobre
as normas nos areais, así como as posibles mensaxes de emerxencia que se
emitan, comunicaranse en tres idiomas (galego, castelán e inglés). A megafonía
tamén servirá para lembrar o peche de praias se for preciso ou se hai mareas vivas.
O concello tamén ten previsto poñer en marcha un servizo de “Guías informativos”
para axudar a entender durante os primeiros días o sistema de acceso.
Nos areais levaranse a cabo labores de limpeza e desinfección das instalacións
todos os días nas zonas comúns de aseos, accesos e pasarelas e disporán de
carteis que informarán da obriga de manter a distancia social e de cumprir as
normas de hixiene e de capacidade da praia.